A LENDA DE SLEEPY HOLLOW E OUTROS RELATOS de Washington Irving

a lenda

Esta escolma recolle algúns dos títulos máis coñecidos de Washington Irving, como o xenial Sleepy Hollow, levado ao cine por Tim Burton. Todos os relatos reunidos neste libro teñen o denominador común de trataren sobre pantasmas, aparecidos e espectros, unha das temáticas máis socorridas polos autores románticos como Irving.

A historia ambiéntase no século XIX e no pobo de Sleepy Hollow (no estado de Nova York). Cóntanse estrañas historias acerca dun xinete sen cabeza. Ichabod Crane, o mestre do pobo, non lles presta moita atención e interésase máis pola fermosa Katrina (filla dun adiñeirado terratemente). Ichabod trata de afastala de Brom Bones, o seu rival, ata que unha noite, é perseguido polo xinete …

PREGUNTA:  QUE VIU ICHABOD NA ÁRBORE DO MAIOR ANDRÉ?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

UN CONTO DE TRES NOITES de Xabier P. Docampo

descarga

Xabier P. Docampo é un dos nosos autores máis prolíficos da literatura infantil e xuvenil. Entre os seus libros máis recoñecidos atópase Cando petan na porta pola noite, que ademais de acadar o Premio Nacional de Literatura Infantil, foi incluído entre as cen mellores obras do século XX español.

Unha noite de inverno alguén comentou na taberna que non entendía como en noites así, as illas non marchaban mar adiante. O Visito, bebedor solitario, di que coñeceu o caso dunha illa que se movía, e ofreceuse a contar a historia.

PREGUNTA:  QUE LLE PASA A GAOTH CANDO DESAPARECE A ILLA?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !