FÉLIX ERES UN DESASTRE de Jacob M. Leonhardt

Jakob M. Leonhardt vive entre Tokio e Hamburgo. Publicou varias novelas de literatura xuvenil.  Tamén traballou como músico e como enxeñeiro de son.

Leonhardt, con Félix, soubo crear un personaxe estrambótico e tarambaina que protagoniza situacións cheas de humor e ironía remarcadas coas orixinais e divertidas ilustracións de Frédéric Bertrand.

Ademais de debuxar, Félix non sabe facer nada de nada. É un completo desastre, un auténtico perdedor que enlaza unha calamidade coa seguinte. Pero na súa vida acaba de aparecer Charleen: a nova, encantadora e guapísima compañeira de clase. Por desgraza, Félix tampouco ten un aspecto moi interesante, polo que, si quere impresionala, deberá reciclarse de pés a cabeza. Será capaz?  Xa veremos…

PREGUNTA:  LEA NAMÓRASE DE TRES PERSONAXES QUE  NON SON PARA ELA. DE QUEN SE TRATA?

                          VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

CAZADORES DE ENIGMAS de Marie-Aude Murail

Marie-Aude Murail (Le Havre, Francia, 1954) naceu nunha familia de artistas. Despois de cursar estudos de Letras na Sorbona, dedicouse á escritura e á súa familia. En 2004 recibiu a insignia de Cabaleiro da Lexión de Honra polos servizos prestados á literatura. Leva máis de vinte anos escribindo literatura xuvenil e ten máis de oitenta novelas publicadas, entre as que destacan varias series xuvenís coma esta: “Os casos de Nils Hazard”. En Francia leva vendidos máis dun millón de libros e gañados decenas de premios.

O profesor Nils Hazard é un detective moi peculiar. Non busca probas, é un cazador de enigmas e, polo tanto, ten unha capacidade extraordinaria para imaxinar o que pasa na mente doutras persoas. Pero… foi capaz Nils de cometer un crime cando tiña tres anos? Por que un bo alumno, de repente, empeza a tatexar? Cal é a orixe do xesto de medo que a miúdo desfigura o rostro de Frédéric?

PREGUNTA: COMO SE CHAMA O MEIGO QUE VAN VISITAR CATHERINE E NILS?

                                                  VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !