O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN de Berta Dávila

Enma Olsen

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é novelista e poetisa. Autora dos libros de poemas Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007) e Dentro  (Premio Avelina  Valladares, 2008). No eido da narrativa escribiu a novela Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de novela, 2008) e o libro de relatos A arte do fracaso (Barbantesa, 2010), traducido ao castelán e ao xaponés. Recibiu o Premio Johán Carballeira de poesía en 2012 por Raíz da fenda. A súa obra está tamén recollida en antoloxías como PoetízateA cidade na poesía galega do século XXI ou en volumes colectivos como Sete de biblos.

O derradeiro libro de Emma Olsen, premio Narrativa Breve Repsol 2013 a autora, di no seu blog  que a historia naceu a partir dunha fotografía de Ann Sexton diante dunha máquina de escribir e este é un dos nomes literarios que se repiten na biografía de Emma Olsen. Enferma dun cancro terminal, decide voltar a Faith e escribir  a súa vida neste lugar de Dakota do Norte, no que naceu, viviu e do que logo, fuxiu. O xurado definiu O derradeiro libro de Emma Olsen coma «un exemplar moi interesante do subxénero literario típico da literatura escrita en inglés que son os interiores».

PREGUNTA: QUEN FOI A PERSOA QUE INFLUÍU EN EMMA PARA CONVERTIRSE EN ESCRITORA?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

PROXECTO VOLVORETA de Andrea Maceiras

volvoreta

Andrea Maceiras Lafuente ( A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega. Obtivo en varias ocasións o Primeiro Premio do Certame Literario do Concello de Cambre. Gañou o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. Foi finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010 e e do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución. Conseguiu o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana o Terceiro Premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013. Volveu gañar o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.

En Proxecto Bolboreta, Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade das teorías coñecidas como ´Efecto Bolboreta´, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: ´o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo´. Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións e vivirá acontecementos inesperados.

PREGUNTA: EN VENECIA O PROTAGONISTA ESTÁ A TOMAR O XEADO ITALIANO NÚMERO …?

                          VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !