Quen escribiría isto?

Cómo chove miudiño

como miudiño chove;

cómo chove miudiño

pola banda de Laíño

pola banda de Lestrove

¡Cómo a triste branca nube

truba o sol que inquieto aluma;

cál o cubre e o descubre,

pasa, torna, volve e sube,

enrisada branca pruma!

 

 

QUEN ESCRIBIRÍA ISTO?

Cando eu andaba no estudo era un mozo das romerías, bailador e divertido. Non había festa na vila, nin nos arredores, onde non aparecese danzando como un trompo esgarabilleiro. ¡Ai, aqueles valses, aquelas mazurcas, aquelas polcas e aquelas habaneras!

Entón o agarradiño ainda era un pecado venial, e bailábamos con tino, para que os vellos non refungasen.

As mozas acorazaban o corpo con xustillos e non consentían o arrimo; pero arrecencían a roupa gardada con mazáns e carne lavada con xabrón de rosas. Os mozos bailábamos por darlle gusto ás pernas, e contentábamonos co cheiro.

EL CASO COLLINI de Ferdinand Von Schirach

collini

Ferdinand von Schirach (Múnich, 1964) é escritor e avogado. É neto de Baldur von Schirach (1907-1974), xefe das Xuventudes Hitlerianas que foi condenado a vinte anos de cárcere nos xuizos de Nuremberg.

En 2009, publicou o libro de contos Crime que estivo 54 semanas na lista dos máis vendidos. En 2010, o seu segundo libro Culpa acada un éxito semellante e recibe o prestixioso premio Kleint. As historias destes dous volumes baséanse nos casos que o autor levou como avogado defensor.

En 2011, presenta a súa primeira novela, El caso Collini que tamén se converteu nun bestseller. Empregado dilixente, dunha discreción modélica, Fabrizio Collini traballou como operario durante trinta e catro anos na Mercedes-Benz. Pero un día, xa xubilado, acode ao lendario Hotel Adlon de Berlín e asasina a sangue frío a un home ancián, sen motivo aparente. A defensa de Collini recae de oficio no novo e inexperto avogado Caspar Leinen.

PREGUNTA: COMO SE CHAMA A DIRECTORA XERAL DO ARQUIVO FEDERAL DE LUISBURGO ?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

BLACKSAD de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido

blacksad

Juan Díaz Canales (Madrid, 1972), estudou Belas Artes en Madrid. Traballou con compañías europeas e estadounidenses, proporcionando argumentos e guións para cómics e películas de animación desde 1996, cando fundou a compañía Tridente Animation. Pola súa parte, Juanjo Guarnido (Salobreña, Granada, 1967) iniciou a súa traxectoria na segunda metade dos oitenta, publicando historietas nalgúns fanzines e presentándose a concursos de cómic. Nos noventa comezou  nun estudo madrileño de animación e durante uns anos traballou nos proxectos como Tintín, Sonic ou A Pantera Rosa. En 1993 trasladouse a Francia onde colaborou como animador en películas como Hércules,Tarzán e Atlantis

En Blacksad, crean conxuntamente unha serie de xénero negro que obtivo numerosos premios entre outros, o Premio Nacional de Cómic 2014 co seu último título: Amarillo. O protagonista é John Blacksad, veterano da Segunda Guerra Mundial.Trátase dun detective privado americano que, en Alma Roja, a terceira entrega da serie, se verá metido nunha intriga política de alcance internacional cando reencontra a un antigo profesor e á súa guapísima axudante Alma Mayer.

PREGUNTA:  QUE TEN TATUADO LASZLO NO BRAZO?

                          VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !