O CASTAÑEIRO DE ABRIL de Antonio Manuel Fraga

castañeiro

Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976) estudou Enxeñería Técnica Industrial en Ferrol. Traballou na refinaría de petróleo da Coruña en 2006. En 2010, marchou a Alcañiz e emigrou a Romanía, onde traballou na construción dun parque eólico. Tras a súa volta da emigración probou sorte na literatura infantil e xuvenil. En 2013, gañou o Premio Merlín coa obra O castañeiro de abril.
Buto, un zapateiro un tanto especial, relata a miserenta vida do seu amigo Baltasar, un neno cego de once anos, orfo de nai que vive ao coidado de dúas tías ruíns. Acompañado polo seu can, o neno decide vender soldadiños e bailarinas na praza dos Zoqueiros coa intención de reunirse co seu pai. Coa aparición do Castañeiro de Abril, a súa vida e a da xente do barrio vaise ver fondamente trastornada.

PREGUNTA: QUE LLE REGALA MATILDA AO SEU PAI POLO CUMPREANOS?
¡¡¡ VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!

SILENCIO de Fran Alonso

silencio

Francisco Alonso Villaverde (Vigo, 1963) estudou filoloxía Galego-Portuguesa en Santiago. Como escritor está vencellado ao mundo do xornalismo e da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e desde 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia. Dáse a coñecer en 1995, ao gañar o Premio Blanco Amor coa súa novela Tráiler. Como poeta é autor dunha importante obra innovadora.
En 1995, publicou Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano.
Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio.
Silencio é unha novela de intriga e suspense que, ademais, propón unha mirada inusitada ás cousas estrañas e inesperadas que se agochan detrás da nosa realidade cotiá.

PREGUNTA: CANTOS TRABALLOS LLE CONSEGUIU CATULO AO PROTAGONISTA?
¡¡¡VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!

LA MALDICIÓN DEL ARQUERO de Joan Manuel Gisbert

maldicion

Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949) cursou estudos de Enxeñería Electrónica. Comezou a súa actividade laboral colaborando con distintas editoriais. Viaxou a Paris para estudar teatro e ao seu regreso a Barcelona publicou o seu primeiro libro de literatura xuvenil, Escenarios Fantásticos (1979). O autor escribiu numerosas obras dentro deste xénero que obtiveron os máis prestixiosos premios. Ademais da súa actividade de escritor, Joan Manuel Gisbert imparte cursos de narrativa, é asesor editorial e guionista.
En La maldicón del arquero, o autor cóntanos como Arno, un rapaz de orixe humilde e que destaca pola súa destreza co arco, quere converterse en arqueiro do rei de Turania. Emprende entón unha longa e perigosa viaxe cara ao castelo do monarca. Polo camiño cometerá un acto irreflexivo que fará caer sobre el unha maldición e o involucrará nunha extraña aventura.

PREGUNTA: POR QUE O PRINCIPE STEFAN DESAPARECEU DESPOIS DA MORTE DO SEU PAI?
¡¡¡ VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !!!

EL OJO DE EVA de Karim Fossum

ojo

Karin Fossum (Noruega, 1954) traballou coma taxista e posteriormente en hospitais, residencias de anciáns e en rehabilitación de toxicómanos. En 1974, con vinte anos, publicou un libro de poemas, continuou con relatos curtos e finalmente novelas policíacas, coas que recibiu numerosos premios e que a lanzaron á fama. Son moi coñecidas as súas novelas que teñen como protagonista ao inspector Sejer.
En EL ojo de Eva, o inspector Sejer terá que resolver o crime dunha prostituta. Eva Magnus encontra a Maja, unha vella amiga que parece vivir sen preocuparse dos cartos. Ao saber que Eva ten moitas débedas, Maja intenta convecela para que gañe a vida como prostituta igual que ela. Invita a Eva á súa casa para que coñeza o traballo. Pero todo sae mal e Maja acaba morta

PREGUNTA: QUEN CONDUCÍA O OPEL MANTA A NOITE QUE MATARON A MAJA?

¡¡¡VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!