AS SETE MORTES de Carlos Vila Sexto

Carlos Vila Sexto ( A Coruña, 1977) comezou a escribir de rapaz e con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras Alén da aventura (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). En 1995 publicou Cara á fin da luz, unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, O baúl, foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego. En marzo de 2009 publica As sete mortes. Na actualidade vive en Madrid e traballa como guionista de series e películas.

Xacobe é un home especial que traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas todos os días. As feridas rexenéranse, sobrevive a todos os ataques e xa perdeu a conta dos anos que ten. Todo vai cambiar cando un vello chega á súa casa e morre no momento no que lle entrega unha mensaxe. Aquí comeza unha aventura especial para descifrar quen é, por que é inmortal, quen era o vello…

PREGUNTA: QUEN TRAIZOOU A XACOBE E NATALIA ?

                                                  VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

AGUEDA E O MISTERIO DOS CALCETÍNS de Paula Señaría

Paula Señarís (Ames, 1986) licenciouse en Xornalismo na especialidade de Audiovisual na USC. Despois dunha estadía en Londres volveu a Compostela e colaborou en diferentes programas culturais da TVG, como Libro Aberto, Eirado ou Zigzag. Actualmente traballa como reporteira para a canle galega. Águeda e o misterio dos calcetíns é a súa primeira experiencia literaria.

Águeda é unha rapaza de cidade que se ve obrigada a deixar as comodidades para ir vivir cos seus avós á aldea. O choque co agro vai ser brutal pero as aventuras van ser moi emocionantes.

PREGUNTA:  ONDE SE VENDÍA ESE TIPO DE CALCETÍNS?

                          VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !