O TESOURO DAS ÁNIMAS de Conchi Regueiro

Conchi Regueiro Digón (Lugo, 1968) publicou contos en libros colectivos e en páxinas web, novelas en galego e en castelán.

          Coa obra O tesouro das ánimas, foi finalista do primeiro Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2004 convocado por Baía Edicións. Natalia e Guillerme, viven na vila de Ponterrubiáns e son compañeiros de instituto. Ao advertir a desaparición da súa profesora de Historia, van mergullarse  nunha perigosa aventura. Terán que usar a súa intuición e a súa intelixencia para resolver o enigma formulado no peto de ánimas da Leira dos Pintados e o misterio da desaparición da profesora.

PREGUNTA: ONDE ESTABA O FOTÓGRAFO LEOPOLPO O DOMINGO POLA TARDE?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

 

Mr GWYN de Alessandro Baricco

 Alessandro Baricco (Turín, 1958) é novelista, dramaturgo, periodista e músico. Licenciado en Filosofía, converteuse nun fenómeno literario mundial coa publicación da novela Seda en 1996, traducida a dezasete idiomas. Varias das súas novelas obtiveron numerosos premios e foron adaptadas ao cine.

            As novelas de Baricco oscilan entre o mundo real e o mundo dos soños. Os seus personaxes son imposibles e caracterízanse polo busca da consecución dos seus desexos. O autor desenvolve na súa obra un estilo moi persoal cun ritmo narrativo e unha estética propios.

            En Mr Gwyn cóntanos a historia dun escritor que vive en Londres e que un día ten unha revelación: dáse de conta de que hai toda unha serie de cousas que non quere volver facer nunca máis e entre elas non quere volver escribir libros. Despois dun tempo de vacacións, a falta da escritura provócalle crises de ansiedade. É entón cando inventa un traballo: fascinado pola pintura de retratos e ao non saber pintar decide escribir retratos.

PREGUNTA: CANTOS FOLIOS TEN O RETRATO DE REBECCA?

   VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !