Donde los árboles cantan de Laura Gallego

Laura Gallego García (Valencia, 1977) escribe sobre todo literatura xuvenil de tema fantástico. Estudou filoloxía hispánica na universidade de Valencia. Gañou dúas veces o Premio El Barco de Vapor, coa novela Finis Mundi en 1999 e con La leyenda del Rey Errante en 2002. É a autora da exitosa triloxía Memorias de Idhún. En 2011 recibiu o Premio Cervantes Chico polo conxunto da súa obra e en 2012 o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola novela Donde los árboles cantan.

            Donde los árboles cantan foi unha novela moi esperada polos lectores de Laura Gallego. A escritora ía informando do seu desenvolvemento no seu twitter. O libro saíu á venda o 14 de outubro de 2011, tivo un éxito inmediato: nos dous primeiros días vendéronse máis de 4000 exemplares. Viana a única filla do conde de Rocagrís, está prometida a Robian de Castelmar desde que eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. Porén, diante da ameaza dos bárbaros das estepas tanto Robian como o conde vense obrigados a marchar á guerra. Viana vai esperar que regresen… ou vaille prestar atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque?… o lugar onde as árbores cantan. 

PREGUNTA:QUEN É REALMENTE URI ?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

 

Marina de Carlos Ruíz Zafón

Carlos Ruiz Zafón comeza a súa carreira de escritor con obras de literatura xuvenil: El principe de la niebla (1993), El palacio de la medianoche (1994), Las luces de septiembre (1995) e Marina (1999). En 2001 publica a súa primeira novela para adultos, La sombra del viento que se converteu nun fenómeno literario internacional con máis de 12 millóns de exemplares vendidos. En 2008, publica a continuación, El juego del ángel e en 2011, El prisionero del cielo. As súas obras foron traducidas a máis de 50 linguas e conquistaron numerosos premios.

            Óscar Drai é un rapaz de quince anos que estuda nun internado en Barcelona. Leva unha vida aburrida e rutineira ata que unha tarde nun dos seus paseos pola cidade entra a curiosear nun caserón abandonado. Sen darse de conta, leva un reloxo e ao ir devolvelo, coñecerá a Marina e ao seu pai. Comeza entón unha relación que fará que Óscar encontre un fogar, pero que tamén o levará a correr unha perigosa aventura nunha Barcelona sombría e tenebrosa.

PREGUNTA:QUEN É O CONDUTOR DO COCHE DE CABALOS?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !