NUBES DE EVOLUCIÓN de Andrea Maceiras

Andrea Maceiras Lafuente (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega. Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre. Gañou o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior, foi finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia (2010), gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2010) e finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia (2011). En 2013 obtivo o terceiro premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua. Con Nubes de evolución (Xerais, 2013) quedou finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011.

Sempre vai frío na estación de autobuses. Un frío que senten tres persoas moi diferentes. Un frío que os atenaza a través da súa soidade e das súas angurias. As vidas dos tres vanse cruzar e establecerán unha relación que os levará a recobrar a esperanza.

PREGUNTA:ONDE ESTÁ O FILLO DE LUÍS ?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

 

A PEDRA DE SEIXO de María Canosa

María Canosa Blanco (Cee, 1978) estudou na Coruña onde se titulou como enxeñeira de camiños, canais e portos pero sempre estivo vinculada á literatura sobre todo infantil e xuvenil. Colabora como articulista en La Voz de Galicia e foi contertulia en varios programas de radio. Ocupa o posto de “experta” en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro de 2011.

          En A pedra de seixo a protagonista, o día do seu aniversario, recibe un agasallo especial: unha bóla de cristal que axiña desvela os seus poderes máxicos. Cando se reúne cos amigos, a esfera desencadea estraños acontecementos.

PREGUNTA: QUEN É CHONI ?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

 

NUNCA SERÉ TU HÉROE de María Méndez-Ponte

María Menéndez-Ponte (A Coruña) desenvolve a súa actividade profesional no campo da educación e da literatura. Nas súas obras, a temática vai desde a literatura infantil até os libros de texto e divulgativos, como la Biblia para los niños. Nunca seré tu héroe é probablemente a novela máis coñecida da autora galega.

Andrés está farto de que súa nai lle mande estudar, da pesada de súa irmá, de seu irmán que é o estudoso da familia e do seu acne que o fai sentir inseguro. Por enriba de todo isto, a súa ex-moza Sara deixouno polo tipo máis insoportable da clase, Jorge, co que ten que facer un traballo de historia. Só lle queda Dani, co que comparte amizade e suspensos. Pero a vida de Andrés cambia inesperadamente cando un día encontra a Belén, unha compañeira, chorando na cafetería …

PREGUNTA: POR QUE APUÑALARON A  ANDRÉS ?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

 

INTEMPERIE de Jesús Carrasco

Jesús Carrasco (Badajoz, 1972) reside actualmente en Sevilla. Compaxina o seu traballo de redactor publicitario coa escritura. Intemperie é a súa primeira novela e foi elexida polos libreiros de Madrid como a mellor obra de 2013. A novela tivo unha entusiasta acollida nas mellores editoriais estranxeiras e publicarase en trece países.

Segundo o xurado, Intemperie “adentra ao lector cun estilo sen concesións, nun universo rural – claro protagonista da historia- de tremenda dureza e violencia ancestral no que os personaxes se moven, rodeados de seca e miseria, nun tempo e un espazo indefinidos, pero no que os valores universais como a amizade, a solidariedade e a compaixón prevalecen”.

PREGUNTA:  A QUEN CHAMAN “O COLORAO”?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !