BALA PERDIDA de Manuel Rivas

Manolo Rivas ( A Coruña, 1957) é escritor, poeta, ensaísta e periodista. Desenvolve a súa obra principalmente en galego aínda que a miúdo, el mesmo fai as traducións ao castelán, lingua na que escribe artigos para o periódico El País. En 2009, foi elixido membro da Real Academia Galega.

Por outra banda , foi socio fundador de Greenpeace en España e participou na creación da plataforma cidadá Nunca Mais durante o desastre do Prestige.

Levou numerosos premios pola súas obras literarias e varias foron adaptadas ao cine como A lingua das volvoretas, O lapis do carpinteiro ou recentemente Todo é silencio.

Bala perdida é o último pirata do Atlántico Norte. Para resolver unha misteriosa abordaxe na Costa da Morte contacta coa redactora do periódico da cidade de Atlán, xuntos van se embarcar nunha perigosa aventura que deparará algunhas sorpresas.

PREGUNTA: PARA QUE BALA PERDIDA NECESITA A GANSO SALVAXE ?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

HORA ZULÚ de Santiago Lopo


Santiago Lopo (Vigo, 1974) é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos para televisión En 2006, gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, con Game Over. En 2009, publicou Peaxes, a súa segunda obra narrativa de ficción.
Acadou o Premio García Barros 2012 con Hora zulú. Recollemos as propias palabras do autor explicando o relato:“a novela céntrase en buscar a identidade dunha persoa que aparece nunha praia, soa e sen saber quen é. A intriga de “Hora zulú” consiste nesa procura, que se fai en diversos espazos e tempos. A tipoloxía textual variada axuda a diferenciar as voces narrativas e a identificarnos cos personaxes. A estrutura desta novela tenta emular un preciso mecanismo de reloxería e, polo que apreciou o xurado, conseguín o efecto desexado: apreixar o lector e que non poida deixar a novela, porque descoñece o que o espera na páxina seguinte.
PREGUNTA: CALES SON OS NOME E PROFESIÓN VERDADEIROS DO PROFESOR ?
VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !