O CASO MÁIS ESTRAÑO DO DETECTIVE MARSCHEN de Xavier Frías Conde

Francisco Javier Frías Conde (1965), naceu en Béjar (Salamanca), aínda que a súa familia é da Terra Eo-Navia. De aí os seus estudos sobre a situación do galego exterior, especialmente do galego falado no occidente de Asturias. É licenciado en Filoloxía Inglesa, diplomado en Ciencias da Educación e doutor en Filoloxía Románica. Traballou no ensino primario e secundario, desde 2008 é profesor de galego e portugués na UNED, labor que compaxina coa tradución. Escribe a maioría da súa obra en galego pero tamén publicou en castelán, italiano, asturiano, catalán, sardo, inglés, portugués, …

O caso máis estraño do detective Marschen é un libro que non conta unha historia, senón moitas. Nelas podemos atopar pantasmas e seres máxicos pero tamén  xente normal; todas teñen un final sorprendente.

 

PREGUNTA:  POR QUE O AXENTE DE POLICÍA JOHN SMITHSON CRE QUE MARUXA É UNHA BRUXA?

                 VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

GUÍA DO AUTOESTOPISTA GALÁCTICO de Douglas Adams

Douglas Adams (1952-2001) foi un famoso escritor e guionista británico, coñecido pola serie A guía do autoestopista galáctico. Estudou filoloxía  inglesa na Universidade de Cambridge. Durante este tempo traballou como bolseiro para poder custearse unha longa viaxe por Europa. E foi mentres a levaba a cabo cando tivo a idea desta obra, inspirada nunha verdadeira guía de autoestopismo.

Na saga Guía do autoestopista galactico, o autor conseguiu reunir humor, crítica social e ciencia ficción. A obra que comezara coma un programa de radio na BBC acabou converténdose nunha serie de cinco libros. Nela seguimos as aventuras de Arthur Dent, un inglés que escapa da destrución da Terra co seu amigo extraterrestre  Ford Prefect facendo autostop e infiltrándose nunha nave espacial.

 

PREGUNTA:  Como se coñeceron Trillian e Sappo Bebecé?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

Intercambio con un inglés de Christine Nöstlinger

Christine Nöstlinger (Viena, 1936) é unha das escritoras máis recoñecidas de literatura xuvenil en lingua alemá. Ao finalizar o bacharelato, dedicouse á pintura e o seu primeiro libro consistiu nuns debuxos aos que engadiu un texto. A crítica valorou o texto e ignorou as ilustracións. A partir deste feito, a autora comezou unha carreira literaria chea de éxitos. Nos seus libros aborda problemas reais con humor e sentido crítico. Recibiu grandes premios ata conseguir o premio Andersen, o máximo galardón internacional de literatura xuvenil.

Edwald só sacou un 5 en Inglés e a súa nai non está nada contenta. No medio dos sobresalientes e dos notables, aparece ese 5. Para remediar o problema, os seus pais deciden convidar un rapaz inglés a pasar o verán con eles. Aparece Jasper, un adolescente barrigón e gruñón que non se ducha e que ten uns costumes que poden acabar coa paciencia de toda a familia.

PREGUNTA:    CANDO APARECEU A MALETA QUE LLE ROUBARON A JASPER, NA ASA LEVABA UNHA BOLSIÑA. QUE CONTIÑA ESA BOLSIÑA?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA

La noche de los yakuzas de Anne Calmels

Anne Calmels (Francia, 1971) tras cursar estudos de Lingua Española e de Ciencias Políticas, diplomouse en Edición na Universidade de París III. Traballa principalmente para a edición escolar e como tradutora do español, sobre todo na literatura xuvenil. As súas viaxes  e o seu interese por Xapón convertérona nunha experta nesa cultura tan diferente á occidental.  A autora reflicte nos libros os seus coñecementos sobre a sociedade oriental, como ocorre  en La noche de los Yakuzas.

Toshi volve a Kioto despois de pasar unhas vacacións no campo cos seus avós. Ao chegar á casa estráñase ao non atopar a súa nai. Nese momento comeza unha fuxida pola cidade perseguido polos membros da Yakuza xaponesa. Por que o perseguen sen descanso, onde está súa nai?

PREGUNTA: QUEN LLES AXUDOU A ESCAPAR A TOSHI E Á SÚA NAI?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !