MATILDA de Roald Dahl

Roald Dahl (Llandaff, 1916 – Oxford, 1990) Escritor británico coñecido especialmente como autor de narracións infantís y xuvenís, pese a que a súa produción para adultos foi tamén de destacable calidade. Moitos dos seus relatos se convertéronse en películas de gran éxito internacional: “Charlie e a fábrica de chocolate, “James e o melocotón xigante, “Matilda”,…

Matilda é unha  nena de cinco anos moi intelixente, sempre ansiosa por saber máis e máis.  Desgraciadamente os seus pais non a queren demasiado. Un día deciden enviala ao colexio que dirixe Miss Trunchbull, unha horrible muller que ensina aos cativos con métodos baseados no terror. Matilda faise amiga da súa mestra, Miss Honey, quen rapidamente descobre o gran talento da nena.  Un día na clase, a pequena fixo que a xerra de auga saltara sobre a directora, grazas aos seus  poderes máxicos.  Na súa casa, Miss Honey fálalle a Matilda da súa triste infancia, e de como tivo que escapar da súa tía. A nena idea un plan para axudar a Miss Honey e derrotar a Miss Trunchbull coa axuda de…

PREGUNTA:   QUEN METEU A PÍNTIGA NA XARRA DA DIRECTORA TRUMBULL?

           VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

O CORAZON DE XUPITER de Ledicia Costas

Ledicia Costas (Vigo, 1979), escribiu a súa primeira novela sendo adolescente, Unha estrela no vento (1999). Publicou  relatos curtos e  obras de poesía cos que obtivo varios premios. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual na creación de documentais. Exerce de avogada pero é poeta de vocación. O corazón de Xúpiter (2012) é a súa segunda novela.

Isla ao cambiar de cidade e de instituto comeza unha vida nova na que o único que permanece é a súa paixón pola astronomía. A través das súas vivencias compartimos os problemas da adolescencia e adentrámonos nas dificultades que as mozas e mozos teñen para relacionarse entre eles. As súas dificultades para integrarse no novo instituto onde sofre acoso escolar, lévana a manter unha relación de comunicación virtual con Xúpiter, un personaxe  ideal co que comparte o seu amor pola astronomía.

PREGUNTA: QUE SON AS BAGOAS DE MAR PARA A XENTE DA REXIÓN?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

TRAMPA DE LUZ de Agustín Agra

Agustín Agra Barreiro (Noia, 1966) é profesor de bioloxía no I.E.S. Cotarelo Valedor de Vilaxoán. Dedícase á escritura desde 2003, colaborando nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. Gañou varios galardóns coma o primeiro Premio de Narracións Curtas Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro en 2004 ou o premio Merlin de literatura infantil en 2006.

Na novela curta Trampa de luz, Agustín Agra crea unha atmosfera na que se vai construíndo progresivamente unha historia de fantasía e de medo. A partir dunha vida rutineira, o autor vai introducindo elementos perturbadores que alteran a normalidade dunha existencia apacible na natureza.

PREGUNTA:  QUE LLE PASA A IRENE NA FRAGA VELLA?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

O ALENTO NAS COSTAS de Natalia Carou

Natalia Carou (Boiro,1974) é asesora empresarial. O alento nas costas é a súa primeira novela.

Mireia vive en Madrid e traballa nunha revista esotérica. Ten estraños soños nos que aparece Xoel, un nobre da época medieval. Sente un vínculo especial con este personaxe ao que  vai visitar na aldea abandonada de Abuín, preto do seu lugar de nacemento. Coa escusa de realizar unha reportaxe, a protagonista volve á casa onde se reencontrará  coa familia e co mundo das drogas do que conseguira fuxir hai dez anos. A bruxería entra nas páxinas desta historia ao conectar a Idade Media e o tempo presente a través dos soños de Mireia.

PREGUNTA: QUE ENFERMIDADE TRAE MAIA A ABUÍN?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !