LA MÚSICA DEL VIENTO de Jordi Sierra y Fabra

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947. Leva máis de 30 anos escribindo e a súa obra, que supera os 400 libros, abrangue todo tipo de xéneros desde a poesía até a narrativa, o ensaio, a historia e a biografía. Pola súa creación literaria recibiu numerosos premios tanto polas súas obras en castelán coma en catalán.

En La música del viento, o autor acerca o público xuvenil a un tema duro que non se presenta habitualmente nas obras escritas para el. A través das vivencias de Alberto Serradell, un periodista catalán, dámonos de conta de que noutras partes do mundo, hoxe en día aínda existen tremendas inxustizas. O curmán de Alberto, Martín, descobre nunha alfombra que trouxo da India unha nota escrita polo neno que a fabricou. Parece unha mensaxe desesperada de socorro. O periodista non pode  darlle as costas e, fiel aos seus principios, vai intentar rescatar o neno.

PREGUNTA:  COMO SE CHAMA A NENA QUE COIDA DOS DEMAIS ?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

SIMISOLA de Ruth Rendell

Ruth Rendell ( Londres, 1930) é, con Patricia Highsmith, unha das grandes mestras da literatura de xénero policial. A súa obra destaca pola súa calidade literaria coa que obtivo numerosos premios como a Daga de Prata da Crime Writers Association en 1987, a Daga de Ouro en catro ocasións (1976, 1986, 1987 e 1991) e a daga de Diamantes en 1980. En 1997, Pedro Almodóvar filmou Carne Trémula baseada na novela homónima da autora.

Na súa primeira novela From Doon with Death (1967), aparece o inspector Wexford. Actualmente hai unhas 20 novelas pertencentes á serie “novelas Wexford”, ambientadas na localidade inglesa de Kingsmarksham.

En Simisola, o inspector Wexford terá que investigar a desaparición dunha moza de cor, Melanie, filla do doutor Akande. Aos poucos días, prodúcese a morte dunha traballadora da oficina de emprego na que estivera a rapaza. Teñen algunha relación os dous feitos ?

PREGUNTA: QUEN MATOU A ANNETTE BYSTOCK?

        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !