SEDA de Alessandro Baricco

A literatura de Baricco foi calificada de belísima. A prosa deste autor envolve o lector coma un suave veo de seda.

Seda, é a historia de Hervé de Jancour, un home lacónico que percorre o mundo na busca de vermes de seda. Ata que un día regresa do Xapón cunha carga aínda máis delicada: o recordo dunha fermosa muller…

PREGUNTA: que encontrou Hervé  Jancour sobre a tumba da súa muller?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

LOS SECUESTRADORES DE BURROS de Gerald Durrell

O alcalde pídelle ao pequeno Yani que lle devolva os 18.000 dracmas que lle prestou ao seu pai. O que en realidade pretende é quedarse coas viñas, as terras e a casa que Yani herdou. Pero os amigos do neno grego deciden secuestrar todos os burros da illa, pedir a cambio unha recompensa e pagar así a débeda.

Un libro que ensalza a amizade e a constancia, como xeito para vencer os obstáculos da vida.

PREGUNTA: COMO SE CHAMA O XEFE DE POLICÍA DE MELISA?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !