Agustín Fernández Paz: Fantasmas de luz

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é escritor e pedagogo. Foi profesor de lingua galega no ensino primario e secundario. É autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica das linguas, a promoción da lectura ou  a introdución dos medios de comunicación nas aulas. É un persoeiro clave na literatura infantil e xuvenil, xénero no que escribiu máis de 50 obras e co que recibiu numerosos premios como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008.

En fantasmas de luz, o autor faille unha homenaxe ao mundo do cine que se converte nunha especie de vida paralela para o protagonista. Damian, que traballa nun cine desde hai 35 anos, ten unha vida rutineira  ata que o seu despedimento inesperado provoca un enorme cambio na súa existencia que tamén lle vai afectar á súa dona, Marga. Dun xeito progresivo, os seus corpos vólvense invisibles para o resto do mundo.

PREGUNTA:  POR QUE PECHOU A FLORERÍA DE MARGA ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

Fina Casalderrei: Ás de mosca para Anxo

Fina Casalderrey (Pontevedra, 1951) é profesora de ensino secundario. Pola súa investigación etnográfica e gastronómica recibiu varios premios. En 1991, deuse a coñecer no mundo da literatura infantil e xuvenil coa novela Mutacións xenéticas. Desde entón, escribiu numerosos libros neste xénero cos que acadou importantes galardóns, como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996.

En Ás de mosca para Anxo, a autora preséntanos a convivencia duns rapaces cunha nova alumna. A súa inxenuidade e o seu gran corazón van facer que os compañeiros pasen dun rexeitamento inicial pola rapaza a unha solidariedade e un fondo agarimo por ela.

PREGUNTA:  ONDE ESTABA ESTRELA CANDO ESCAPOU DA CASA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !