CONCURSO DE SMS POR SAN VALENTÍN

Con motivo da celebración do día dos namorados O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA organizou un concurso de SMS. Estableceronse tres categorías: 1º ciclo de ESO, 2º ciclo de ESO e Bacharelato. O departamento fixo unha primeira selección en cada categoría e resultaron finalistas os que aparecen a continuación.

Para elexir os gañadores do concurso podedes votar o que máis vos guste na columna da dereita abaixo de todo. Tede en conta que só debedes elexir un por categoría seleccionando o seu número

O periodo de votación vai do venres 10 ás 14:30 horás ó luns 13 ás 14:30 horas. podedes elexir un seleccionando o seu número.

En caso de empate para o primeiro posto o departamento de galego elexirá o gañador entre os  empatados.

1º CICLO DE ESO

1. Es coma o sol, a estrela que máis reloce, que me enche de calor me ilumina.

2. O teu cabelo é coma o mar, se puidese nadaría nel.

3. Todas as noites soño contigo e, cando esperto, sorrío.

4. Ti convertes a miña sombra, na miña luz.

5. Eu xa non digo o que penso porque … só penso en ti.

6. Mira o ceo: é o único máis grande despois de ti.

7. Ti es a luz do sol nun ceo anubrado e chuvioso.

8. Es a luz que ilumina as miñas mañás tristes.

9. Ti es o aire que eu quero respirar.

10. O amor é difícil de conseguir, difícil de atopar e imposible de olvidar.

11. Debo estar morto porque estou vendo un anxo

12. Se ti me dis ven, eu déixoo todo; pero dime ven.

13. Un abrazo teu vale máis ca mil palabras.

14. Desde que te vin non como e síntome coma un phoskito sen cromo.

15. O tempo que quero pasar ao teu lado é interminable, comecemos con un “para sempre”.

16. O amor que non é verdadeiro non ten final feliz. O amor verdadeiro non ten fin.

17. O amor é como a loita: moi doado de comezar, pero moi difícil de parar.

2º CICLO DE ESO 

1. Es a estrela da miña vida, es a estrela que me guía de noite e de día.

2. Eu por ti cruzaba o Polo Norte en roupa interior e con ventilador no lombo.

3. Non respiro sen o teu alento, o teu lamento cáusame sufrimento.

4. Se cada vez que penso en ti se creara unha estrela viviría nunha galaxia.

5. Como me gustaría ser un mosquito para roldarche todo o corpiño.

6. Gravaría na area que che quero, que ti es o primeiro e es a miña metade.

7. Que fai unha estrela voando tan baixiño?

8. Cando te coñecín, tiña ganas de abrazarte; cando te abracei, tiña ganas de bicarte; cando te biquei tiña ganas de quererche. Agora que che quero, teño medo a perderte.

9. Prefiro un minuto contigo ca unha eternidade sen ti.

10. O teu amor inspírame, a túa tenrura conmóveme e os teus bicos toléanme.

11. Os teus beizos son coma a area cor crema, eu son un pirata ti es a miña marea.

12. O meu amor por ti é tan profundo que se sente en todo o mundo.

13. Ámame cando menos o mereza porque é cando máis o preciso.

14. Os teus ollos claros aluméanme nos meus momentos tristes.

15. Un aprende a amar cando aprende a crer na perfección dunha persoa imperfecta.

16. Enfadaríame co mundo enteiro por pasar o resto da miña vida ao teu carón.

17. Cando ela pasa por debaixo do ceo, só o parvo mira ao ceo.

18. Se eu fose o mar e ti unha rocha faría subir a marea para bicar a túa boca.

BACHARELATO

1. Se vivises no ceo, morrería por estar contigo.

2. Quixera ser gato para estar sete vidas xunto a ti.

3. Jústame América, jústame Perú, jústanme as súas mosas pero máis me justas tu!

4. Se foses unha nécora sería mariñeiro.

5. Se existise, a perfección levaría o teu nome.

6. Quero que ti me deas a inspiración para os meus poemas.

7. Se cada vez que penso en ti alumeara unha estrela, non habería estrela apagada no ceo.

8. Nunha simple mirada túa atópase o significado do universo.

9. Por ti baixaría o sol cunha escaleira para que non che poida facer sombra.

10. Se poñer neons fose símbolo de amor, eu montaba a Chanteclair no maletero.

11. Gustaríame que, cada vez que estou contigo, se detivese o tempo.

12. Moitas mozas tiven, moitas amantes tamén, pero alguén coma ti, xamais atoparei.

LOS HIJOS DEL TRUENO

Fernando Lalana (Zaragoza, 1958), despois de estudar Dereito e facer o servizo militar no Grupo de Regulares de Melilla, adicouse exclusivamente á escritura. Leva publicadas máis dun cento de novelas de literatura infantil-xuvenil coas que gañou numerosos premios.
En Hijos del trueno, coa colaboración de José María Almárcegui, Lalana relátanos as divertidas fazañas dos “alumnos fracasados por decreto”. O ministerio de educación para solucionar o problema do fracaso escolar, publica o “Decreto do Vintedous”: as clases só poden ter 22 alumnos e os que sobren terán que ir a institutos remanentes. Os alumnos do Instituto Remanente de Ensino Medio nº1, rebautizado como Capitán Trueno negaranse a asumir esa condición de fracasados o porán en dúbida a validez do sistema establecido.

PREGUNTA: QUE DEPORTE ESCOLLE O GRAN BÁSPER NO CONCURSO ?
VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

EL JOVEN SHERLOCK HOLMES: EL OJO DEL CUERVO

Shane Peacock (Canadá, 1957) é escritor e guionista. Tamén publicou libros de ensaio e periodismo, así como biografías. Como guionista, traballou para varias televisións canadenses. Peacock é coñecido a nivel internacional pola súa serie de libros de literatura xuvenil protagonizados polo Sherlock Holmes novo.
El ojo del cuervo é o primeiro volume desta colección no que describe as orixes humildes do famoso investigador londinense e revela como espertou a súa obsesión pola persecución do crime. Nesta aventura, o personaxe mergúllase no esclarecemento do brutal asasinato dunha muller no perigoso barrio de Whitechapel. Convencido da inocencia do acusado, un rapaz de orixe exipcia, comeza a investigar pero acaba acusado de complicidade no crime. Vese obrigado a fuxir da xustiza e ao tempo debe encontrar o verdadeiro asasino.

PREGUNTA:  DE QUE SE DISFRAZA SHERLOCK PARA ENTRAR NA CASA DO SOSPEITOSOS ?
VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

LUME DE COBIZA

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é licenciado en Xeografía e Historia pola especialidade de Historia da Arte. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. Ademais é o autor de numerosas obras de historia do cine galego, novelas de ficción, ensaios e colaboracións en distintos medios coma crítico de cine e televisión.
Frank Soutelo é un sabuxo norteamericano de pais galegos que reaparece en Lume de cobiza, a cuarta entrega das súas peripecias. Neste ocasión abandona o ambiente de Hollywood, para investigar a morte dun mozo durante unhas vacacións que vén pasar a Galicia. Unha vaga de lume está arrasando o país e todo parece indicar que os intereses urbanísticos e a corrupción están relacionados co pasamento do rapaz.

PREGUNTA: QUE RELACIÓN TEÑEN SINDO E RITA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!

OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DA LÚA

Anxo Fariña (Vigo, 1977) é licenciado en Belas Artes, ilustrador, escritor e director de arte. Compaxina o traballo creativo co labor educativo en obradoiros e conferencias sobre creatividade. Participa en campañas de promoción do galego como Graffiti e letras, Creando historias con Anxo Fariña e Ti creas a historia. Dentro da súa obra, destacan as coleccións Os Megatoxos, Don Quixote e Breogan, Antón e Ponpón e Os pelelliños .En 2011, Anxo Fariña consegue o Premio Merlín de literatura infantil coa obra A chave da  Atlántida.
Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa é a cuarta entrega das aventuras de catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto coa procura dunha cura para a súa mutación xenética provocada pola planta do toxo. Desta vez, os Megatoxos deben loitar a dúas bandas: contra un estraño mal que se propaga polo instituto e contra unha misteriosa raíña que desde Venecia intenta dominar o mundo.

PREGUNTA: COMO SE CHAMA O LIDER DA RESISTENCIA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!