Urbano Lugrís

O colectivo de Vigo  A Nave das Ideas celebrou o pasado 17 de decembro unha homenaxe ao pintor Urbano Lugrís, cuns interesantes actos aos que non puiden asistir.
Como parte da homenaxe, pendurou no seu blog un .pdf, con
reproducións de cadros de Lugrís e con textos poéticos de diversos
autores. Este arquivo .pdf podedes descargalo aquí

LA GUERRA DE LOS MUNDOS de H. G. Wells

Herbert George Wells (1866-1942) naceu nunha pequena aldea inglesa. Provén dunha familia de condición social humilde, o que non lle permitiu realizar estudos superiores. Matriculouse nunha escola nocturna e conseguiu unha bolsa para entrar na Escola Normal de Ciencias de Londres na que tivo coma profesor a T.H. Huxley, prestixioso científico e fervente defensor da obra de Darwin. Tivo unha enorme influencia sobre Wells. En 1895, escribiu a súa primeira novela de ciencia ficción: A máquina do tempo, que foi acollida con entusiasmo polo público. Co mesmo éxito, seguíronlle: A visita marabillosa, A illa do doutor Moreau, O home invisible…
En 1898 publicou A guerra dos mundos, que supuxo a culminación da súa obra de ciencia ficción. Nela H. G. wells, describe por primeira vez unha invasión marciana á Terra. Este relato tivo unha indubidable influencia sobre as posteriores versións desta idea e sobre a obsesión humana polo planeta vermello.

PREGUNTA: COMO FORON EXTERMINADOS OS MARCIANOS ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

EL CUARTO DE LAS RATAS de Alfredo Gómez Cerdá

Alfredo Gómez Cerdá (Madrid, 1955) é licenciado en filoloxía española e sintiuse atraído pola literatura desde pequeno.Deu os seus primeiros pasos no xénero teatral aínda que é sobre todo coñecido polas súas obras para o público infantil e xuvenil nas que se convertiu nun autor de referencia. En 1989 gañou o Premio Barco de Vapor. Moitas das súas obras obtiveron prestixiosos galardóns dentro e fóra de Europa.

El cuarto de las ratas cóntanos a historia de Margarita, unha rapaza de 13 anos que se apena profundamente ao ver pola televisión a unha nena da súa idade chorando porque lle secuestraron o irmán. A simpatía que sente por ela lévaa a escribirlle unha carta para apoiala e consolala. Pero pronto vai descubrir quen son os secuestradores de Jacobo….

 

PREGUNTA: QUE ESTÁ A ESCRIBIR ADOLFO CANDO MARGARITA VAI XOGAR CON EL?     

                           VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !