AS SETE MORTES de Carlos Vila Sexto

AS SETE MORTES de CARLOS VILA SEXTO

Carlos Vila Sexto ( A Coruña, 1977) comezou a escribir de rapaz e con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras Alén da aventura (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). En 1995 publicou Cara á fin da luz, unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, O baúl, foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego. En marzo de 2009 publica As sete mortes. Na actualidade vive en Madrid e traballa como guionista de series e películas.

Xacobe é un home especial que traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas todos os días. As feridas rexenéranse, sobrevive a todos os ataques e xa perdeu a conta dos anos que ten. Todo vai cambiar cando un vello chega á súa casa e morre no momento no que lle entrega unha mensaxe. Aquí comeza unha aventura especial para descifrar quen é, por que é inmortal, quen era o vello…

PREGUNTA: QUEN TRAIZOOU A XACOBE E NATALIA ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

AGUEDA E O MISTERIO DOS CALCETÍNS de AN ALFAYA

Paula Señarís (Ames, 1986) licenciouse en Xornalismo na especialidade de Audiovisual na USC. Despois dunha estadía en Londres volveu a Compostela e colaborou en diferentes programas culturais da TVG, como Libro Aberto, Eirado ou Zigzag. Actualmente traballa como reporteira para a canle galega. Águeda e o misterio dos calcetíns é a súa primeira experiencia literaria.

Águeda é unha rapaza de cidade que se ve obrigada a deixar as comodidades para ir vivir cos seus avós á aldea. O choque co agro vai ser brutal pero as aventuras van ser moi emocionantes.

PREGUNTA: ONDE SE VENDÍA ESE TIPO DE CALCETÍNS?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

A SOMBRA DESCALZA AN ALFAYA

An Alfaya é unha escritora viguesa que comezou a publicar en 1993. Con esta obra acadou o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005.

A sombra descalza conta unha historia de misterio protagonizada por unha rapaza se dezaseis anos, Elsa, que vive nun ambiente familiar claustrofóbico e enrarecido.

Elsa sospeita que hai un gran segredo na familia, que todos ocultan algo escuro. Que aconteceu coa súa tía Sagrario para que sempre vaia descalza pola casa e para que viva coma unha sombra?

PREGUNTA:  QUEN É O HOME DA FOTO QUE SAGRARIO TIÑA GARDADA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

AVENTURAS DE LA MANO NEGRA de HANS JÜRGEN PRESS

Hans Jürgen Press só tiña cinco anos cando comezou a debuxar. Este libro entrelaza a lectura co debuxo e convértese nun xogo divertido.

Un grupo de rapaces reúnese á saída do colexio para combatir o crime na súa cidade. Van enfrontarse con catro delitos, e ti podes resolvelos con eles seguindo as pistas que atoparás nas ilustracións dunha extraordinaria riqueza de detalles.

PREGUNTA:  “LA MANO NEGRA” PÍDELLE INFORMACIÓN A UNHA OFICINA  DE CORREOS GALEGA. EN QUE CIDADE ESTÁ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !