Xavier Docampo: O Misterio das Badaladas

Publicado no 1986, é o primeiro libro do escritor Xabier Docampo, porén converterase no primeiro best- seller da literatura galega infantil. Para celebrar o seu 25 aniversario vén de publicarse unha edición revisada polo autor e acompañada das ilustracións de Xosé Cobas.

En Eiranova todos están pendentes do novo reloxo da igrexa. Anda exacto ata as doce da noite, cando dá trece badaladas. O reloxeiro mira de amañalo pero non lle atopa falloningún na maquinaria. Cinco rapaces, encabezados por Cristina, póñense a pescudar o misterio da badalada número trece. Válense dunha serie de pistas que o “culpable” lles vai deixando nos lugares máis estraños: nun libro da biblioteca do colexio, nun arame de enxugar a roupa, nun muíño vello…

COMO SABÍA O “CULPABLE” QUE CRISTINA ÍA COLLER NA BIBLIOTECA O LIBRO DE CUNQUEIRO?

VEN BUSCALOÁ BIBLIOTECA!!!

Lois Lowry: El Dador

Lois Lowry naceu en Honolulu, Hawaï en 1937. Despois de traballar como periodista “freelance” e fotógrafa, publicou a súa primeira obra de literatura xuvenil en 1977. Ata o de agora escribiu máis de 20 novelas neste xénero coas que recibiu os premios literarios máis prestixiosos de EEUU.

El dador preséntanos un mundo futuro no que se conseguiu a “Igualdade total”. A vida está totalmente ordenada e regulada, é indolora e previsible. Un Comité de Anciáns encárgase de decidir todo por ti. Jonás aos doce anos recibe a súa misión na sociedade, unha tarefa única: el vai ser o “Receptor da Memoria”. O Dador comeza a transmitirlle ao rapaz os recordos de épocas pasadas que provocarán en Jonás certas dúbidas sobre esa comunidade tan perfecta.

En qué consiste a liberación?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!