Xabier Quiroga: O cabo do mundo

Entre as terras de Chantada e Monforte de Lemos, o río Miño dá unha reviravolta, dando forma de península á parroquia chantadina de Nogueira de Miño, á que  se coñece como Cabo do Mundo.

Un profesor diagnosticado de cancro regresa á súa aldea natal ao falecer seu pai. No enterro un descoñecido achégase ao féretro e berra “asasino”. O protagonista comeza así unha investigación  centrada en dúas teimas do pasado: seu pai e a  muller que sempre amou.

A novela  recupera a memoria silenciada, dun tempo como foi o da Guerra Civil e da represión franquista e dun espazo, o do Saviñao, nas terras de Lemos, concello do que é natural o autor.

O Cabo do Mundo foi galardoada co Premio da Critica no 2010

PREGUNTA: Que lle inxectou Reina ao Ramón?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!

VERO Y LOS PIRATAS DE LA MALASIA

Carlos Puerto (Madrid, 1942), ademais de ser escritor é un viaxeiro infatigable que percorre o mundo coñecendo diversos costumes, idiomas e paisaxes que se ven reflectidos nos seus libros. Leva toda a súa vida adicada á literatura infantil e xuvenil, con máis de cen libros publicados.

Verónica acaba de sufrir un accidente esquiando e o seu mundo vaise ver reducido ao seu cuarto durante varias semanas. Os seus amigos veñen visitala e tráenlle agasallos para distraela. Bruno é un rapaz diferente e regálalle algo diferente: unha aventura virtual na que viaxará a bordo dun barco pirata, na que coñecerá a Sandokán e na que terá que liberar a unha muller secuestrada por unha seita.

PREGUNTA:O PIRATA YÁÑEZ de GOMARA AFEITARÁ FINALMENTE O BIGOTE? POR QUE?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !!!