Rick Riordan: El ladrón del rayo

Rick Riordan (Texas, 1964) é o autor da serie de novelas de misterio protagonizadas polo detective Jackson Tres Navarre coa que recibiu numerosos premios neste xénero. El ladrón del rayo é a súa primeira obra de literatura xuvenil e obtivo un tan grande éxito que xa foi levada ao cine.

Percy Jackson é un rapaz problemático de 12 anos que vai sendo expulsado de todas as escolas nas que estuda. El nota que moitas cousas non encaixan na súa vida ata que lle revelan que seu pai é un Deus do Olimpo.

Coa axuda de dous amigos pouco comúns, Grover e Annabeth, terá que evitar que estale unha guerra ente os Deuses.

PREGUNTA: Cal é o amigo de percy que o vai traizoar?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!

Inma López Silva: Memoria de Cidades Sen Luz

É unha novela que trata da supervivencia dun neno que, tras vivir circunstancias extremas, é rescatado por unha muller; unha muller demasiado liberal para vivir nun país no que estala unha Guerra Civil, circunstancia que os leva a vivir no exilio.

A vida do protagonista transcorre por varias cidades en épocas moi diferentes: A Coruña (anos 30), Barcelona, París (anos 40 e 50), …

A dureza de moitos episodios da súa vida faille desexar quedar cego e ao final conségueo.

PREGUNTA: Que circunstancia provocou a coxeira da protagonista?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!