Corazón de chocolate é a primeira entrega da serie un misterio para Tintimán, protagonizada por Tintimán, un xove detective que vive perigosas aventuras en distintas cidades galegas.
Tintimán é un mozo de dezaseis anos amante da aventura e pouco amigo das clases, que decide facerse xornalista de investigación igual ca seu pai, que acaba de falecer. En Corazón de Chocolate debe convencer ó director do xornal para que o contrate, por iso comeza a investigar o misterio que se agocha baixo a Catedral de Santiago: a irmandade Xelmirez, unha seita perversa que remonta as súas oríxes á idade media.
No segundo título desta colección, A Coroa de Napoleón, Tintimán vivirá novas aventuras, esta vez na cidade da coruña.
PREGUNTA: ¿ Que había no macabro paquete que don Fructuoso leva á casa de Tintimán?
¡¡¡VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!