Daniel Pennac: ¡Increible Kamo!

¡INCREÍBLE KAMO! de DANIEL PENNAC

Daniel Pennac (Casablanca, 1944) é un escritor francés nado nunha familia militar. Pasou a súa infancia en terras africanas e no suleste asiático e a súa xuventude en Niza. É profesor de lingua nun colexio de Paris. Iniciou a súa actividade literaria con libros para nenos, pero gañou gran popularidade coas novelas da saga da familia Malaussène. En 2007, recibiu o premio Renaudot pola súa obra Chagrin d’école ( Mal de escola).
¡Increíble Kamo! cóntanos dous momentos da vida dun adolescente incrible. No primeiro relato, Kamo aposta coa súa nai que vai aprender inglés en 3 meses, e comeza a cartearse con Kathy, unha rapaza moi estraña. Na segunda historia, o protagonista revive as terribles aventuras do seu bisavó que viviu a principios do século XX.

Francisco Castro: O segredo de Marco Polo

O SEGREDO DE MARCO POLO lévanos de viaxe polas ruelas da Venecia do século XIII para falarnos do tema máis universal: o amor.

Marco, un rapaz obrigado a ser militar coma seu pai, está namorado en segredo dunha princesa que debe casar cun home do que non está namorada.

Cando coñece ao mítico viaxeiro este vaille desvelar un segredo que mudará a súa vida e o axudará a cumprir os seus soños.

Francisco Castro autor de obras como Chamádeme Simbad, conta no seu historial con destacados premios como o Eduardo Branco Amor do ano 2005 (pola novela Spam), o García Barros do 2007 (As palabras dá néboa) ou o Martín Sarmiento en dúas ocasións con Un bosque cheo de faias e Oceo dous afogados.

¿Quen lle deu a malleira a Marco?  ¡VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!