AVISO IMPORTANTE

Esta noite entraron uns rateiros a roubar na biblioteca.
Os moi panocos non saben que seis dos libros que roubaron son falsificacións. Por sorte o nóso sistema de seguridade xaponés GRISSON 7.00, tomou imaxes das súas siluetas.
AXÚDANOS a atopar os libros que son falsos, fixate no título e no autor.
Cubre a ficha que atoparás na conserxería e deixaa no buzón.

Tamén podes colaborar para capturar ós cacos, dandonos algunha pista sobre o seu paradoiro. Mira as fotos, todas as fotos, que tomou o noso sistema de seguridade.

Menu de enganos: Núñez Singala

Inculturación

Alí parados os tres na espera do verde dun semáforo aparentaban unha posición acomodada: ela ía vestida de domingo, con tacóns, unhas mechas discretas no cabelo e a estola de pel; el, acabado de afeitar, de traxe azul escuro e gravata a listas, co xornal fresco baixo o brazo. A nena, catro anos, con marcados trazos orientais, levaba un traxe de galega moi “riquiño”. De fondo escoitábase a banda municipal tocando “Negra Sombra”.

Ela, asegurando o ganchete do seu marido, díxolle:

-Así que la niña te sea un poco más mayor, quiero que valla aprender chino.

-¿Y luego para que? -preguntoulle el.

-¿Para que va ser?, para no privarla de su cultura


Cousas: Castelao

Era un barbeiro de sábado que amaba os libros que non entendía e gustaba de lélos todos enteiros. Unha vez topeino coa testa pousada nas mans, ao xeito dun pensador, e díxome: Estou profundando. E dende entón pra min hai homes que profundan. (…) Ensumíase arreo dentro de si para profundar nos misterios da outra vida e sempre remataba laiandose: Non podo profundar máis porque non sei latín. Un día pousou os ollos no mar -endexamais reparaba en cousas miudas- e dispois de ter profundado un bo retrinco de tempo deitou na orella do seu compañeiro ista frase: O mar ¿sabes? O mar… ¡é un fenómeno!