EL TALISMÁN DEL ADRIÁTICO de Joan Manuel Gisbert

talisman

Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949) é escritor de literatura infantil e xuvenil. As súas obras foron traducidas a vinte linguas e obtivo os premios máis importantes do eido nacional. Traballou como asesor no mundo editorial. Na actualidade imparte cursos sobre a imaxinación fantástica e participa en encontros de literatura infantil e xuvenil con lectores en bibliotecas, centros educativos e ateneos culturais de diversos países.

Croacia, 1498. Un xinete embozado chega no medio da noite a un convento benedictino. Di actuar no nome do conde Váltor e pide que un dos novicios leve unha carreta ata unha abadía situada ao outro extremo do condado. Matías é o elixido, e o rapaz, desexoso de vivir aventuras, acepta a encarga. Pero que será esa misteriosa mercancía que debe transportar sen facer ningunha pregunta?

PREGUNTA: POR QUE MATÍAS NON CONSEGUE AFOGAR NO LAGO?

                              VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!

MI HERMANA VIVE SOBRE LA REPISA DE LA CHIMENEA de Annabel Pitcher

chimenea

Annabel Pitcher (Yorkshire, 1982) é licenciada en Filoloxía inglesa pola universidade de Oxford. Coa súa primeira novela, Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea, sorpréndenos cunha historia impactante narrada por Jamie, un neno de 10 anos:

Rose me ha comprado un libro. Como siempre, su regalo estaba junto a la urna cuando entré en el salón. Me dieron unas ganas tremendas de echarme a reír al verlo ahí, y me imaginé que a la urna le salían brazos y piernas y cabeza y se iba a la tienda a comprar el regalo. Pero como papá me estaba mirando con su mirada seria rompí el papel y traté de que no se me notara la decepción al darme cuenta de que ya lo había leído.

PREGUNTA: QUE PODERES LLES ATRIBÚE SUNYA AOS ANEIS?

                      VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!

A LENDA DE SLEEPY HOLLOW E OUTROS RELATOS de Washington Irving

a lenda

Esta escolma recolle algúns dos títulos máis coñecidos de Washington Irving, como o xenial Sleepy Hollow, levado ao cine por Tim Burton. Todos os relatos reunidos neste libro teñen o denominador común de trataren sobre pantasmas, aparecidos e espectros, unha das temáticas máis socorridas polos autores románticos como Irving.

A historia ambiéntase no século XIX e no pobo de Sleepy Hollow (no estado de Nova York). Cóntanse estrañas historias acerca dun xinete sen cabeza. Ichabod Crane, o mestre do pobo, non lles presta moita atención e interésase máis pola fermosa Katrina (filla dun adiñeirado terratemente). Ichabod trata de afastala de Brom Bones, o seu rival, ata que unha noite, é perseguido polo xinete …

PREGUNTA:  QUE VIU ICHABOD NA ÁRBORE DO MAIOR ANDRÉ?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

UN CONTO DE TRES NOITES de Xabier P. Docampo

descarga

Xabier P. Docampo é un dos nosos autores máis prolíficos da literatura infantil e xuvenil. Entre os seus libros máis recoñecidos atópase Cando petan na porta pola noite, que ademais de acadar o Premio Nacional de Literatura Infantil, foi incluído entre as cen mellores obras do século XX español.

Unha noite de inverno alguén comentou na taberna que non entendía como en noites así, as illas non marchaban mar adiante. O Visito, bebedor solitario, di que coñeceu o caso dunha illa que se movía, e ofreceuse a contar a historia.

PREGUNTA:  QUE LLE PASA A GAOTH CANDO DESAPARECE A ILLA?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

EL CASO COLLINI de Ferdinand Von Schirach

collini

Ferdinand von Schirach (Múnich, 1964) é escritor e avogado. É neto de Baldur von Schirach (1907-1974), xefe das Xuventudes Hitlerianas que foi condenado a vinte anos de cárcere nos xuizos de Nuremberg.

En 2009, publicou o libro de contos Crime que estivo 54 semanas na lista dos máis vendidos. En 2010, o seu segundo libro Culpa acada un éxito semellante e recibe o prestixioso premio Kleint. As historias destes dous volumes baséanse nos casos que o autor levou como avogado defensor.

En 2011, presenta a súa primeira novela, El caso Collini que tamén se converteu nun bestseller. Empregado dilixente, dunha discreción modélica, Fabrizio Collini traballou como operario durante trinta e catro anos na Mercedes-Benz. Pero un día, xa xubilado, acode ao lendario Hotel Adlon de Berlín e asasina a sangue frío a un home ancián, sen motivo aparente. A defensa de Collini recae de oficio no novo e inexperto avogado Caspar Leinen.

PREGUNTA: COMO SE CHAMA A DIRECTORA XERAL DO ARQUIVO FEDERAL DE LUISBURGO ?

                VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

BLACKSAD de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido

blacksad

Juan Díaz Canales (Madrid, 1972), estudou Belas Artes en Madrid. Traballou con compañías europeas e estadounidenses, proporcionando argumentos e guións para cómics e películas de animación desde 1996, cando fundou a compañía Tridente Animation. Pola súa parte, Juanjo Guarnido (Salobreña, Granada, 1967) iniciou a súa traxectoria na segunda metade dos oitenta, publicando historietas nalgúns fanzines e presentándose a concursos de cómic. Nos noventa comezou  nun estudo madrileño de animación e durante uns anos traballou nos proxectos como Tintín, Sonic ou A Pantera Rosa. En 1993 trasladouse a Francia onde colaborou como animador en películas como Hércules,Tarzán e Atlantis

En Blacksad, crean conxuntamente unha serie de xénero negro que obtivo numerosos premios entre outros, o Premio Nacional de Cómic 2014 co seu último título: Amarillo. O protagonista é John Blacksad, veterano da Segunda Guerra Mundial.Trátase dun detective privado americano que, en Alma Roja, a terceira entrega da serie, se verá metido nunha intriga política de alcance internacional cando reencontra a un antigo profesor e á súa guapísima axudante Alma Mayer.

PREGUNTA:  QUE TEN TATUADO LASZLO NO BRAZO?

                          VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

O CASTAÑEIRO DE ABRIL de Antonio Manuel Fraga

castañeiro

Antonio Manuel Fraga (Pontedeume, 1976) estudou Enxeñería Técnica Industrial en Ferrol. Traballou na refinaría de petróleo da Coruña en 2006. En 2010, marchou a Alcañiz e emigrou a Romanía, onde traballou na construción dun parque eólico. Tras a súa volta da emigración probou sorte na literatura infantil e xuvenil. En 2013, gañou o Premio Merlín coa obra O castañeiro de abril.
Buto, un zapateiro un tanto especial, relata a miserenta vida do seu amigo Baltasar, un neno cego de once anos, orfo de nai que vive ao coidado de dúas tías ruíns. Acompañado polo seu can, o neno decide vender soldadiños e bailarinas na praza dos Zoqueiros coa intención de reunirse co seu pai. Coa aparición do Castañeiro de Abril, a súa vida e a da xente do barrio vaise ver fondamente trastornada.

PREGUNTA: QUE LLE REGALA MATILDA AO SEU PAI POLO CUMPREANOS?
¡¡¡ VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!

SILENCIO de Fran Alonso

silencio

Francisco Alonso Villaverde (Vigo, 1963) estudou filoloxía Galego-Portuguesa en Santiago. Como escritor está vencellado ao mundo do xornalismo e da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e desde 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia. Dáse a coñecer en 1995, ao gañar o Premio Blanco Amor coa súa novela Tráiler. Como poeta é autor dunha importante obra innovadora.
En 1995, publicou Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano.
Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio.
Silencio é unha novela de intriga e suspense que, ademais, propón unha mirada inusitada ás cousas estrañas e inesperadas que se agochan detrás da nosa realidade cotiá.

PREGUNTA: CANTOS TRABALLOS LLE CONSEGUIU CATULO AO PROTAGONISTA?
¡¡¡VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!

LA MALDICIÓN DEL ARQUERO de Joan Manuel Gisbert

maldicion

Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949) cursou estudos de Enxeñería Electrónica. Comezou a súa actividade laboral colaborando con distintas editoriais. Viaxou a Paris para estudar teatro e ao seu regreso a Barcelona publicou o seu primeiro libro de literatura xuvenil, Escenarios Fantásticos (1979). O autor escribiu numerosas obras dentro deste xénero que obtiveron os máis prestixiosos premios. Ademais da súa actividade de escritor, Joan Manuel Gisbert imparte cursos de narrativa, é asesor editorial e guionista.
En La maldicón del arquero, o autor cóntanos como Arno, un rapaz de orixe humilde e que destaca pola súa destreza co arco, quere converterse en arqueiro do rei de Turania. Emprende entón unha longa e perigosa viaxe cara ao castelo do monarca. Polo camiño cometerá un acto irreflexivo que fará caer sobre el unha maldición e o involucrará nunha extraña aventura.

PREGUNTA: POR QUE O PRINCIPE STEFAN DESAPARECEU DESPOIS DA MORTE DO SEU PAI?
¡¡¡ VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !!!

EL OJO DE EVA de Karim Fossum

ojo

Karin Fossum (Noruega, 1954) traballou coma taxista e posteriormente en hospitais, residencias de anciáns e en rehabilitación de toxicómanos. En 1974, con vinte anos, publicou un libro de poemas, continuou con relatos curtos e finalmente novelas policíacas, coas que recibiu numerosos premios e que a lanzaron á fama. Son moi coñecidas as súas novelas que teñen como protagonista ao inspector Sejer.
En EL ojo de Eva, o inspector Sejer terá que resolver o crime dunha prostituta. Eva Magnus encontra a Maja, unha vella amiga que parece vivir sen preocuparse dos cartos. Ao saber que Eva ten moitas débedas, Maja intenta convecela para que gañe a vida como prostituta igual que ela. Invita a Eva á súa casa para que coñeza o traballo. Pero todo sae mal e Maja acaba morta

PREGUNTA: QUEN CONDUCÍA O OPEL MANTA A NOITE QUE MATARON A MAJA?

¡¡¡VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!