Alumnado pendente

O alumnado que promocione de curso sen ter superado todas as materias seguirá un programa de reforzo destinado a recuperar as aprendizaxes non adquiridas e deberá superar a avaliación correspondente ao devandito programa. A avaliación do programa de reforzo será tida en conta para os efectos de cualificación das materias non superadas.

Correspóndelles aos departamentos didácticos a organización destes programas. Cada profesor ou profesora desenvolverao no curso no que imparte docencia. Os centros educativos organizarán os procesos de avaliación da recuperación das materias pendentes.